Alternativa ás plataformas de vídeo das Big Tech
PeerTube é unha ferramenta para compartir vídeos creada por Framasoft, unha organización francesa sen ánimo de lucro.

Que é PeerTube?
PeerTube permíteche crear a túa propia plataforma de vídeo, con total independencia.
Usando PeerTube non hai algoritmos opacos nin políticas de moderación incomprensibles! As plataformas de PeerTube que visitas están creadas, xestionadas e moderadas por quen as crea.
PeerTube permite a interconexión entre plataformas, creando unha gran rede de plataformas que son á vez autónomas e interconectadas.
Ademáis, PeerTube non depende da publicidade e non te rastrexa!
Que podo atopar en PeerTube?
Descubre as nosas recomendacións entre máis de 600.000 videos e as 1.000 plataformas da rede PeerTube
PeerTube non depende do monopolio de ningunha empresa
Igual que con outras ferramentas desenvoltas por Framasoft, PeerTube considérate unha persoa e non un produto a ser perfilado e atraparte en bucles de vídeos.
PeerTube é libre, de código aberto, creado sen propósito comercial.
Un ben común dixital ético e de código aberto
PeerTube perténceche. En todo momento podes axudarnos a mellorar PeerTube coas túas ideas, suxestións o modificando o código ti mesma.
PeerTube é software libre, non unha fórmula segreda de Google (no caso de Youtube) ou Vivendi/Bolloré (Dailymotion). A súa licenza libre garante as liberdades fundamentais das usuarias.
PeerTube existe grazas ás túas doazóns!
Framasoft non gaña cartos ao desenvolver PeerTube! Somos unha organización de interese público que obtén o 90% do seu financiamento das doazóns.
Cada aportación, incluso as menores, permítenos continuar co desenvolvemento de PeerTube. Cres que o proxecto vai na dirección correcta? Por favor, doa!
DoarPreguntas? Axudámosche!
Que é PeerTube?
PeerTube is a tool that you install on a web server. It allows you to create a video hosting website, so create your "homemade YouTube".
A diferencia con YouTube é que non hai intención de crear unha enorme plataforma centralizada de vídeos de todo o mundo nunha granxa de servidores (que é tremendamente caro).
Polo contrario, o concepto de PeerTube é crear unha rede de múltiples pequenos provedores de hospedaxe interconectados.
Ten intención PeerTube de substituír a YouTube?
Podemos responder con certeza: non!
Porén, a ambición é ser unha alternativa libre e descentralizada: o obxetivo dunha alternativa non é substituír, se non propoñer algo máis, con diferentes valores, en paralelo ao xa existente.
Cales son as principais vantaxes de PeerTube?
PeerTube é único porque (polo que sabemos) é a única aplicación web para hospedaxe que posúe tres vantaxes:
An open code under a free/libre license
- PeerTube proporciónasae gratuítamente, non tes que pagar para instalalo no servidor;
- Podemos mirar dentro de PeerTube (o código fonte): é auditable, transparente;
- It can be enhanced by everyone's contributions.
A federation of interconnected hosting providers
- It decentralizes video storage and decision-making power;
- We can display videos and accounts of other PeerTube websites;
- Baseado en ActivityPub para, por exemplo, conectar con ferramentas como Mastodon.
Peer-to-peer broadcasting
- It reduces server bandwidth overload if a video becomes viral;
- We become an actor of the video broadcasting;
- It's based on WebRTC, a free and open-source project for web browsers.