Frequently Asked Questions

Unhas preguntiñas para coñecer PeerTube
Podes visitar o noso foro para participar na comunidade.

Presentación PeerTube

PeerTube é unha ferramenta que se pode instalar nun servidor web. Permíteche crear unha web para hospedar vídeos, e así ter "o teu propio YouTube".

A diferencia con YouTube é que non hai intención de crear unha enorme plataforma centralizada de vídeos de todo o mundo nunha granxa de servidores (que é tremendamente caro).

Polo contrario, o concepto de PeerTube é crear unha rede de múltiples pequenos provedores de hospedaxe interconectados.

Código aberto con licenza libre

  • PeerTube proporciónasae gratuítamente, non tes que pagar para instalalo no servidor
  • Podemos mirar dentro de PeerTube (o seu código fonte): é auditable, transparente
  • Pode ser mellorada coas contribucións de todas as persoas

Federación interconectada de provedores de hospedaxe

  • Descentraliza a almacenaxe de vídeo e o poder de decisión
  • Podemos mostrar vídeos e contas de outras webs PeerTube
  • Baseado en ActivityPub para, por exemplo, conectar con ferramentas como Mastodon.

Retransmisión entre iguais

  • Reduce a carga de ancho de banda preciso no servidor se este se fai moi popular
  • Convertémonos nun actor máis da retransmisión de vídeo
  • Baseada en WebRTC, un proxecto libre e de código aberto para navegadores web.

Grandes características para as espectadoras

  • Desfruta do reprodutor adaptable que inclúe capítulos e vista previa na interface web ou na aplicación móbil
  • Personalizar a interface con decorados, filtrar, axustes NSFW, e preferencia de reprodución automatica
  • Gardar vídeos para máis tarde, organizar listas, retomar a reprodución, e ver o historial
  • Sigue canles e accede a novos vídeos nunha canle dedicada
  • E moitas máis características!

Para creadoras de contido

  • Unirse a unha comunidade con valores compartidos, falar con persoas reais que administran, exportar/importar contido entre plataformas PeerTube
  • Permitir a PeerTube sincronizar automaticamente unha canle remota (Youtube, Vimeo, etc.)
  • Acceso a estatísticas polo miúdo, edición (recortar, marca de auga, prólogo/epílogo) ou subir nova versión do vídeo
  • Retransmite con OBS ou outro software RTMP, permite repeticións e interactuar coa audiencia en directo
  • Manage multiple channels that can be followed by ActivityPub platforms (PeerTube, Mastodon, Pleroma, etc.) for greater discoverability
  • E moitas máis características!

E para quen administra

  • Control completo sobre a configuración e personalización con complementos e decorados
  • Personaliza a páxina de inicio con Markdown/HTML, pon a túa propia marca (avatar, cabeceira, categorías), define os valores predeterminados para as usuarias, e mensaxes informativos na cabeceira
  • Xestión da creación de contas, establecer límites de subida, asignar roles de xestión, revisar denuncias por abuso, bloquear ou vetar usuarias, acalar contas ou plataformas
  • Transcodificación avanzada de vídeo coa posibilidade de usar servidores remotos
  • E moitas máis características!

PeerTube está a ser creado por Framasoft, unha organización educativa sen lucro francesa en temas dixitais.

It employs two developers: Chocobozzz and Wicklow.

Chocobozzz has been working on PeerTube projects since 2018:

  • Desenvolvemento de novas características e mantemento do software;
  • Reflexións acerca da arquitectura, o deseño e o futuro de PeerTube;
  • Preparación e comunicación de novas edicións estables (artigos do blog, rexistro de cambios, etc.);
  • Web oficial PeerTube desenvolvemento e mantemento;
  • Índice de complementos para PeerTube desenvolvemento e mantemento;
  • Índice de instancias PeerTube desenvolvemento e mantemento;
  • Índice de busca para canles/vídeos de PeerTube desenvolvemento e mantemento;
  • Web da documentación de PeerTube desenvolvemento e mantemento;
  • Axuda con PeerTube e conversas sobre seguimento de problemas, foro, IRC ou por email;
  • Colaborar ó codigo, revisar aportacións, correxir e aportar ó código de persoas externas ó proxecto (arranxos de fallor, documentación, refactorización, etc.);
  • Mantemento de varias plataformas PeerTube (peertube.cpy.re, peertbue2.cpy.re, etc.).

Wicklow is a developer who joined Framasoft in 2023. He also works on the PeerTube project, but focuses on the mobile application.

  • Development of PeerTube the mobile application;
  • PeerTube mobile application support and discussions on bugtrackers, forum or by email;
  • Deployment of the mobile application on Google Play, App Store and F-Droid;
  • Collaboration with Chocobozzz on PeerTube core development;

Amais, Chocobozzz traballa en proxectos internos de Framasoft (Framapad, Framatalk, etc.). On his side, Wicklow also works on internal Framasoft projects such as the Lokas application and system administration tasks. In other words, the management of PeerTube projects is operated by only two employees, who have other responsibilities in addition to their workload.

Outras persoas voluntarias de Framasoft e persoas contratadas tamén contribúen a PeerTube de varias formas (estratexia, comunicación, desenvolvemento, xestión da comunidade). Con todo, PeerTube non o desenvolve unha empresa con 50 empregadas e equipos de traballo e procesos super-estructurados.

Así, Framasoft toma o tempo preciso para mellorar o software de xeito progresivo, ó seu propio ritmo e coas súas particularidades que, por agora, mostráronse como bastante efectivas.

Non, non o está.

PeerTube é un software creado, desenvolto e mantido por Framasoft, organización educativa popular francesa sen ánimo de lucro para asuntos dixitais. Framasoft has a French culture, respects French laws and is a political actor (« who participates in the life of the city-state ») of civil society.

PeerTube é parte dos elementos creados por Framasoft para os obxectivos de Contributopia. Estas accións pretenden ser unha proposta de ferramentas dixitais alternativas a aquelas que proveñen do capitalismo de vixilancia, para que as persoas que non se recoñecen nese modelo poidan crear espazos de liberdade.

Como consecuencia, os sitios web de desenvolvemento e xestións de PeerTube así como as webs asociadas ó proxecto (joinpeertube.org, instances.joinpeertube.org, search.joinpeertube.org, etc.) poderían non ser do agrado de todo o mundo (en particular persoas con diferentes ideas, ideoloxías e cultura).

Respectámolo, e lembra que todo o software do proxecto PeerTube é software libre e pode instalarse co teu propio nome de dominio.

Podemos responder con certeza: non!

Porén, a ambición é ser unha alternativa libre e descentralizada: o obxetivo dunha alternativa non é substituír, se non propoñer algo máis, con diferentes valores, en paralelo ao xa existente.

Si, Framasoft posúe a marca "PeerTube" en varios paises como medida preventiva.

Framasoft affirms here its intention to not use intellectual property for predatory purposes or to constrain legitimate uses of the software. However, Framasoft reserves the right to use trademark law, especially in case of damage to the image of the PeerTube project, edited by Framasoft.

Recomendámosche crear a túa propia identidade dixital, sen usar "PeerTube" no teu proxecto (nome do software, dominio da web...) para non confundir ás usuarias acerca de quen está detrás da web/proxecto.

Para saber máis, podes ler o noso Código de Conduta Rexistrado.

PeerTube é só o nome do software. Podes instalalo no teu servidor, e elexir o nome que queiras. Por exemplo, a plataforma PeerTube de Framasoft chámase FramaTube.

Non, non é un polbo, é unha luriña! Do latín sēpia, é a razón pola que en PeerTube lle puxemos o nome Sepia.
Foi creada por David Revoy (ilustracións baixo CC-BY).

Sepia tamén che axuda a buscar contido como vídeos e canles en PeerTube, vai a Sepia Search!

Os seguintes navegadores web están soportados por PeerTube:

  • Firefox 78+ no escritorio
  • Última versión Edge no escritorio
  • Última versión de Chrome no escritorio
  • Safari 14+ on macOS
  • Última versión Chrome no móbil
  • Último Firefox para móbiles
  • Safari 14.5+ en iOS

Claro que si! En Android:

En iOS:

Podes atopar a lista non oficial de clientes alleos en https://docs.joinpeertube.org/use/third-party-application.

As any digital tool, PeerTube inevitably has a negative impact on the environment.
However, this impact will vary according to different factors.

Broadly speaking, these factors are:
  • The hardware used (Multiple servers? A single server? A Raspberry Pi?);
  • The energy mix required to run the equipment (Coal-fired? Wind-powered? etc.);
  • Se a tecnoloxía entre-pares (P2P) está activada ou non;
  • Se o contido proposto é unha simple copia do contido xa existente noutros servizos ou se é orixinal;

These factors provide a very rough estimation of PeerTube's environmental impact.
Bear in mind that is impossible to know the environmental impact of a web service used in real-life conditions, due to the immense complexity of the links that make-up the very nature of the Internet.
However, we think it's still important to consider the environmental impact of non-quantifiable elements.

Take YouTube, for example, a service similar to PeerTube:
  • Cal é o impacto do adestramento da IA de Google cos vídeos de YouTube?
  • Cal é o impacto da súa aparentemente complexa ferramenta de recomendación (e sen súbida ambientalmente custosa)?
  • What is the impact of exploiting cognitive bias to encourage us to stay on the platform and consume videos and ads?
  • Cal é o impacto desta publicidade? Se só 1 persoa entre 1,000,000 merca un novo SUV como resultado dun destes anuncios, que impacto ambiental representa iso?

As we can see from these questions, the issue of environmental impact goes far beyond a simple technological choice.
It is the political visions of our tools that can and will define their environmental impact.

Quero ver vídeos

  • Desfruta de todas as ferramentas do reprodutor
    • Mira os diferentes capítulos do vídeo na barra de progreso
    • Previsualiza una imaxe do vídeo ao moverte pola barra de progreso
    • O tamaño do reprodutor axústase automáticamente según as proporcións do vídeo
    • Escolle os subtítulos, controla a velocidade e resolución do vídeo nos axustes
    • Comunícate coa autora do vídeo e con outras televidentes usando o complemento de Charla en directo de PeerTube
  • Become a part of the broadcasting of the videos you are watching
    • Help the PeerTube website to share videos and lives using P2P
    • Desactiva facilmente o P2P na túa conta se iniciaches sesión ou nos axustes de anonimato
  • Personalizar a interface
    • Actualiza o teu nome, avatar ou descrición no teu perfil
    • Establece a política axeitada para NSFW (mostar, esvaecer ou agochar vídeos NSFW)
    • Choose a PeerTube theme to change the look and feel of the interface
    • Filtrar vídeos automáticamente en función de varios criterios (idioma, categoría, directo/VOD etc)
    • Choose your autoplay policy
  • Xestión da túa biblioteca
    • Usa a lista de Ver Mais Tarde e engade fácilmente os vídeos a ela
    • Organiza os vídeos en listas de reprodución públicas ou privadas
    • Automatically resume videos from the last time you watched them
    • Check your watch history in a dedicated page
  • Subscribete a canles
    • Subscríbete a canles locais ou remotas para ter notificacións cando publiquen vídeos
    • Mostra vídeos das túas subscricións nunha páxina propia
  • Comparte e interactúa cos vídeos e listas de reprodución
    • Comparte o URL do vídeo ou lista de reprodución a incrustar con atributos (inicio automático na marca temporal, bucle activado, acalado...)
    • Descarga un vídeo usando unha xanela dedicada
    • Comment, reply and rate videos using PeerTube or an ActivityPub compatible software (Mastodon, Pleroma...)
  • Busca vídeos, canles e listas de reprodución
    • Buscar vídeos locais ou remotos, canles e listas de reprodución
    • Usa os filtros avanzados (etiquetas, categoría, licenza...)
    • Usa o URL do vídeo, URL da lista ou alcume/URL da canle para obter contido remoto

Non, porque PeerTube non é un servizo, se non software libre. Isto significa que calquera pode descargar e instalar PeerTube para hospedar vídeos cun nome de dominio determinado (a isto chamámoslle «hospedar unha web/plataforma PeerTube»). Framasoft has no control over who downloads PeerTube and who installs or uses it.

Framasoft só hospeda e promove dúas plataformas PeerTube: https://framatube.org e https://peer.tube

Also, Framasoft hosts and promotes only one PeerTube search index: https://sepiasearch.org

Administrators have full control of the content they accept and they decide whether sensitive content (violence, pornography etc.) is displayed by default or not. In its default configuration, PeerTube hides videos that contain sensitive content.

Por tanto, poderías atopar vídeos inapropiados nalgunhas plataformas PeerTube. Mais está moi lonxe de ser o contido maioritario en PeerTube. Por exemplo, en Setembro de 2021, das 900 plataformas no noso índice público só aproxidamente un ~1% estaba etiquetado como contido sensible.

Le a sección dedicada na documentación de PeerTube: https://docs.joinpeertube.org/use/report

O navegador web crea un valor ao chou que identifica á espectadora durante a sesión do navegador e notifica con periodicidade ao servidor de que a usuaria está vendo o vídeo. De xeito predeterminado unha visualización cóntase despois de 10 segundos de reprodución (ou 50% do vídeo se a loxitude non supera os 10 segundos). As visualizacións vanse acumulando, non te preocupes se o contador non aumenta xusto depois de ti ver un vídeo.

Quero subir vídeos

  • Atopa a web de PeerTube que mellor se adapte a ti
  • Sube e importa vídeos
    • Sube ou importa vídeos desde a web (Youtube, Dailymotion...) ou desde un ficheiro torrent
    • Sincronización automática cunha canle remota ou lista de reprodución
    • Define os metadatos: categoría, licenza, idioma, etiquetas, descrición, minitaura…
    • Establece a privacidade do vídeo: público, fóra de listas, protexido con contrasinal, interno ou privado
    • Engade subtítulos
    • Engade capítulos
    • Desactiva fácilmente as descargas ou comentarios
    • Sube un ficheiro de audio e unha imaxe e deixa que PeerTube se encargue de crear o vídeo!
  • Xestiona os vídeos
    • Deixar que PeerTube garde e almacene o ficheiro orixinal do vídeo para non ter que gardalo mais no teu disco duro (esta opción debe activala a administración)
    • Mira estatísticas polo miúdo dos teus vídeos (visualizacións, tempo, espectadoras únicas...)
    • Corta, engade marca de auga, unha cabeceira/coda aos vídeos directamente desde a interface web usando PeerTube studio
    • Sube unha nova versión do vídeo (esta opción ten que activala a administración)
  • Retransmisión en directo
    • Publica vídeos en directo en PeerTube usando o teu software RTMP compatible (OBS, Restream, ffmpeg...)
    • Crear directos persistentes para retransmitir varias veces o mesmo directo (o URL público non cambia)
    • Deixa que PeerTube cree unha repetición dos teus directos
    • Comunícate coa túa audiencia usando o complemento de Charla en vivo de PeerTube
  • Xestión das túas canles
    • Crea varias canles na túa conta para agrupar vídeos sobre o mesmo tema
    • Brand your channel using a dedicated name, a banner and an avatar
    • Define un botón de Axuda para a túa canle explicando como apoiar o teu traballo
    • Calquera pode subscribirse á túa canle desde unha web PeerTube ou desde outros softwares compatibles con ActivityPub (Mastodon, Pleroma…)
    • Crea listas de reprodución públicas ligadas á túa canle para organizar o teu contido ou vídeos remotos

Ser libre non significa estar por enriba da lei! Cada provedor de hospedaxe PeerTube pode decidir as súas propias condicións de uso, acatando as súas leis locais.

Por exemplo, en Francia, o contido discriminatorio está prohibido e podería ser denunciado ante as autoridades. PeerTube permite as usuarias denunciar vídeos problemáticos, e a administración deberá aplicar as normas en función dos termos e condicións e a lei.

Non hai ningún, por agora: PeerTube é unha ferramenta que nós queremos sexa neutral en termos de remuneración.

Porén, o sistema de subida pode mostrar o botón de axuda baixo o vídeo. Este botón mostra un cadro no que as persoas que suben vídeos poden mostrar texto, imaxes e ligazóns libremente (ligazón a Patreon, Tipeee, Paypal, Liberapay...).

Non fomos máis aló, rexeitamos ligar o código a un método concreto de financiamento do contido que podería non ser axeitado para todos os supostos. É a razón pola que animamos ás desenvolvedoras a usar a API de complementos PeerTube para crear o seu propio sistema de financiamento.

Quero administrar unha plataforma PeerTube

  • Software libre e de código aberto
  • Federación con ActivityPub
    • Activa ou desactiva a federación para a túa instancia
    • Mostra vídeos/contas de outras instancias na túa
    • Sigue automáticamente instancias desde índices públicos
  • P2P con WebRTC
    • Reduce o ancho de banda que precisa o sistema usando P2P para VOD e directos
    • Activa ou desactiva facilmente o P2P na túa instancia
    • Axuda (ou obtén axuda) de outras instancias usando a redundancia de PeerTube
  • Transcodificación de vídeo
    • Optimiza os vídeos e crea múltiples resolucións usando ffmpeg
    • Activa extensións adicionais para o vídeo (.mkv, .mov, .avi…) ou subidas de audio
    • Crear listas HLS ou ficheiros MP4 en bruto
    • Personaliza o perfil ffmpeg da transcodificación usando complementos de PeerTube
    • Transcodificar vídeo en servidores dedicados
  • Retransmisión en directo
    • Activa a emisión en directo para a túa instancia
    • Permite que as túas usuarias publiquen unha repeticións dos directos
    • Establece varios límites para os directos (por usuaria/intancia)
    • Activa a transcodificación da emisión en directo con varias resolucións
    • Personaliza o perfil da transcodificación do directo con ffmpeg cos complementos de PeerTube
    • Transcodificar os directos en servidores dedicados
  • Importación de vídeo
    • Activa a importación de vídeos usando youtube-dl (Youtube, Dailymotion…)
    • Permite importar vídeo usando webtorrent (ficheiro torrent ou URI magnet)
  • Ferramentas de moderación
    • Activa ou desactiva a creación de novas contas, aproba manualmente as contas ou establece límites de subida
    • Asigna roles de moderación/administración
    • Xestión de denuncias por abuso nos vídeos, contas ou comentarios usando un taboleiro propio
    • Bloquear automaticamente vídeos de usuarias sen confianza mentras agardan a ser revisados
    • Bloquear vídeos concretos e indicar a razón
    • Vetar usuarias locais, acalar contas ou instancias
  • Moi configurable
    • Establece facilmente os metadatos da instancia: imaxes do avatar e cabeceira, nome, descrición, categorías principais…
    • Crea a túa páxina de inicio persoal usando markdown ou HTML
    • Busca e instala complementos ou decorados para PeerTube
    • Usa autorización externa (LDAP, OpenID Connect...) cos complementos de identificación
    • Elixe os axustes predeterminados (directiva NSFW, activar comentarios/descarga/P2P, etc)
    • Almacena vídeos e directos no sistema de ficheiros do servidor ou no object storage
    • Notifica a todas as usuarias cunha mensaxe na cabeceira

Requerimentos mínimos de hardware:

  • 1 vCore
  • 1.5 GB de RAM
  • Almacenaxe abondo para os vídeos
  • 200Mbit/ de velocidade de subida
  • Ancho de banda suficiente para retransmitir vídeos

Requerimentos de hardware recomendados para unha instancia grande que teña 1000 espectadoras ao mesmo tempo (le no blog sobre os test de estrés por visualizacións):

  • 4 vCore
  • 4 GB de RAM
  • Almacenaxe abondo para os vídeos
  • 1Gbit/s de velocidade de subida
  • Ancho de banda suficiente para retransmitir vídeos
  • Le a guía de escalabilidade se cres que vas ter unha audiencia grande

Se tes pensado transcodificar na mesma máquina na que está a instancia de PeerTube:

  • 8 vCore
  • 8 GB de RAM

Para unha guía máis detallada sobre os requerimentos de hardware:

CPU

Except for video transcoding, a PeerTube instance is not CPU bound. Neither Nginx, PeerTube itself, PostgreSQL nor Redis require a lot of computing power. If it were only for those, one could easily get by with just one thread/vCPU.

Vaste beneficiar moito ao usar un segundo proceso, debido á transcodificación. A transcodificación require moita cpu. Serve a dous propósitos nunha instancia PeerTube: asegura que todos os vídeos se poden reproducir de xeito óptimo na interface web e crea diferentes resolucións para o mesmo vídeo.

A transcodificación tamén se pode apoiar noutras máquinas ao usar servidores dedicados.

RAM

1.5 GB de RAM deberían abondar para unha instancia básica de PeerTube, que normalmente consume 500 MB na RAM. A única razón pola que poderías querer máis sería se instalas os servizos Redis ou PostgreSQL nun sistema non-SSD.

Almacenaxe

Hai dous aspectos importantes respecto a almacenaxe: uso do espazo en disco e velocidade de lectura sostible. Para estimar de xeito aproximado os teus requerimentos de espazo de disco, hai que saber a resposta a tres preguntas:

  • Cal é o tamaño total dos vídeos que queres publicar emitir?
  • Queres activar a transcodificación? Se é así, queres proporcionar varias resolucións de vídeo? Inténtao con algúns vídeos e terás unha idea de canto espazo en disco extra precisas por vídeo e estima o factor de multiplicación para o espazo que precisarás no futuro.
  • Cales son os xeitos de compartición que queres activar? Só o vídeo, ou tamén HLS sobre P2P? Se queres os dous entón fará necesario doblar as necesidades de almacenaxe.

Se queres almacenar moitos vídeos na túa instancia PeerTube, podes almacenar vídeos externamente usando Object Storage.

In terms of read speed, you want to make sure that you can saturate your network uplink serving PeerTube videos. Isto non debería ser un problema cos discos SSD, pero cos discos HDD tradicionais debería terse en conta: taxas de lectura típicas para un sistema ben configurado cun disco duro a 7200rpm pode estar sobre os 120MB/s ou 960 Mbit/s. Isto último debería abondar para unha conexión de subida típica de 1 Gbit/s.

Rede

A rough estimate of a traditional server's video streaming network capacity is usually quite straightforward. Simplemente divides o ancho de banda do que dispón o teu servidor polo ancho de banda medio por fluxo, cun límite superior.

Como mostra de exemplo un servidor de 1 Gbit/s de subida enviando fluxos de video 1080p60 a 5 Mbit/s por fluxo. Isto significa que a teórica capacidade absoluta está arredor de 200 espectadoras simultáneas se a i/o do disco do servidor pode sostela. Expect a bit less in practice.

But what if you need to serve more users? That's where PeerTube's federation feature shines. If other PeerTube instances following yours, chances are they have decided to mirror part of your instance! Esta característica chámase "redundancia de servidores" e almacena os teus vídeos máis populares para axudar a enviarllos á túa audiencia. Mentras as persoas espectadoras contribúen cun pequeno ancho de banda mentras ven o vídeo no seus navegadores (sobre todo cando hai moita demanda), os servidores espello dispoñen de moita maior capacidade e axúdanlle á túa instancia a manter múltiples fluxos simultáneos.

Por agora non é posible despregar varios nodos de PeerTube detrás do mesmo xestor de carga.

Pero algúns pares de PeerTube pódense escalar horizontalmente para evitar os seguintes límites, tal como se describe na nosa guía de escalabilidade:

Se notas problemas de rendemento ou un fluxo reducido na túa instalación, non dubides en abrir unha incidencia e mirámolo.

Framasoft tries to make around 4 major releases per year. Publicar unha nova versión de PeerTube toma moito do noso tempo, polo que non podemos cambiar este ritmo de publicación.

Non hai versión LTS: só a última versión estable de PeerTube está mantida por Framasoft.

Se queres probar a rama en desenvolvemento de PeerTube, proporcionamos nightly builds.

Intentamos manter a compatiblidade coa versión última versión menor (exemplo, 2.3.1 con 2.2). É unha mágoa pero non temos recursos suficientes para manter a compatibilidade con outras versións.

"É escandaloso e irresponsable: publicas a versión x.y.z de PeerTube cando aínda non ten todas as ferramentas necesarias para que as posuidoras dos dereitos poidan xestionalos vídeos, ou que poidan xestionar os insultos nos comentarios, ou monetizar o vídeo a través da publicidade, ou (escribe aquí calquera petición a PeerTube). Nunca vai funcionar! ¿Que pensades facer ao respecto?"

Tes razón. PeerTube non é a ferramenta perfecta, lonxe diso. E nunca prometemos que este software fose incluír todas as características que cubran todos os posibles usos.

Lembra que PeerTube só ten unha desenvolvedora a tempo completo e un pequeno grupo de voluntarias moi involucradas. Non é un produto desenvolto por unha start-up cun equipo de traballo a tempo completo e financiamento importante.

Polo que se consideras que PeerTube non cumpre coas túas necesidades, a cousa é simple: non o uses por agora. Non gañamos cartos desenvolvendo PeerTube, e aínda que agardamos ter éxito, Framasoft non depende dista circunstancia para continuar coas súas actividades.

Claro que si!Desde a primeira versión estable de PeerTube en outubro de 2018, cada nova versión engadiu ou mellorou as funcións de moderación:

  • PeerTube 1.1 engadiu accións en bloque na tabela de usuarias e para acalar usuarias/instancias;
  • PeerTube 1.2 engadiu a posibilidade de non federar un vídeo ou bloquealo; o sistema de notificacións agora mostra informes, e novas usuarias;
  • PeerTube 1.3 engadiu a posibilidade de que a administración poña en corentena automáticamente os novos vídeos de usuarias novas/non confiables ata que son revisados. Tamén se modificou a xestión dos seguimentos: mellorando a IU e pódense denegar os seguimentos;
  • PeerTube 1.4 engadiu un sistema de engadidos, e fixo que os engadidos poidan bloquear vídeos e rexeitar comentarios de determinadas instancias seguindo regras preestablecidas (semellante a Pleroma MRF);
  • PeerTube 2.0, o proceso de instalación agora fai preguntas acerca das políticas de moderación e dedicación a elas. Tamén a característica de seguir un índice público de instancias PeerTube parte do núcleo PeerTube, en lugar de deixar que a administración as engada ela mesma. Esto fai que quen administra a instancia siga de xeito automático dunha "lista de seguimento" da súa elección; unha lista que é autohospedada, así as comunidades poden medrar ao seu propio ritmo;
  • PeerTube 2.1 engadiu un modo privado interno para os vídeos (non serán compartidos fóra da instancia), e tamén acceso rápido as ferramentas de moderación baixo os comentarios; tamén puntos de enlace para engadidos para o rexistro (blocaxe xeográfica ou captchas por exemplo); algúns engadidos de terceiros xa experimentaron esta posibilidade. O lanzamento tamén pon énfase na descrición das ferramentas de moderación na interface: avisos para ferramentas que poderían incrementar o traballo de moderación como seguimento automático, e descricións dos menús despregables.
  • PeerTube 2.2 greatly improved video abuses management (search, abuses display, actions on the video or account etc), added moderation hooks and helpers in the plugins API and Framasoft developed an experimental Auto mute plugin based on public lists.
  • PeerTube 2.3 improved the report modal and added predefined reasons selection. This version made it possible to delete all the comments of an account and Framasoft developed an experimental Auto block videos plugin based on public lists.
  • PeerTube 2.4 engadiu a posibilidade de denunciar contas e comentarios, un sistema de mensaxes entre o denunciante local dun abuso e a moderación, e unha vista de xestión das denuncias para as usuarias.
  • PeerTube 3.0 engadiu unha visualización dedicada para xestionar os comentarios da instancia (listaxes, filtros, accións por lotes, etc).
  • ...

As desenvolvedoras de PeerTube comprométense a traballar e mellorar as ferramentas para a moderación para facilitar a xestión das instancias. Dámosche a benvida a participar na conversa sobre axudar co traballo contínuo nesta dirección ou suxerir outros novos!

Si, o núcleo de PeerTube (PeerTube sen os complementos/decorados) é compatible co GDPR:

  • P2P pode desactivarse de xeito predeterminado
  • Non envía datos personais a terceiras parte se o P2P está desactivado
  • As usuarias poden eliminar a súa conta
  • As usuarias poden exportar os seus datos e importalos noutra instancia (en PeerTube >=6.1)
  • PeerTube proporciona unha guía de privacidade para axudar á Administración a crear os Termos

Probablemente se deba a que tomamos medidas respecto da túa plataforma PeerTube debido a unha denuncia e atopamos que:

  • hai contido problemático hospedado na plataforma (non só un ou dous vídeos/contas/canles, se non varios)
  • a plataforma non semella estar ben moderada ou carece de política de federación (= non ten TdS ou CdC na páxina Sobre)

Framasoft remains the sole judge of this notion of “abuse”.

Contribúo ao código fonte

PeerTube does not prohibit the use of AI because it can help contributors understand the codebase and assist them in creating pull requests.

Every line of code committed to PeerTube (except for translations or generated files) is reviewed by a human.

You can also read Framasoft's position about AI on the following links:

PeerTube utiliza ActivityPub porque é o protocolo de federación recomendado por W3C e tamén é utilizado por proxectos como a rede social Mastodon.

IPFS é unha gran tecnoloxía, pero inmadura para fluxos de grandes ficheiros. O sistema PeerTube P2P baséase en protocolos ben coñecidos como HTTP e WebRTC, e un sistema redundante fai que sexa máis doado para nós usalo e mantelo.

DTube non parece código aberto, porque ao publica só código compilado limita liberdade de modificación.

PeerTube non impón un modelo de financiamento. Isto é o que eleximos establecer, outros (como DTube) teñen outras opcións. Así que depende de ti usar o que mais che conveña.

Por razóns históricas :)

Temos unha política sobre contribucións relacionadas coa seguridade. Vai ver a nosa política de seguridade e consultoría.