Publica os teus vídeos con PeerTube, a alternativa a YouTube

Comparte a túa paixón nunha plataforma que se adapta a ti

Con PeerTube, non tes que contentar ao algoritmo para alterar artificialmente o teu contido: as plataformas de PeerTube están xestionadas e moderadas por seres humanos coma ti e coma min, non por robots.

PeerTube permíteche centrarte no que mellor fas: os teus vídeos, no xeito en que ti queres crealos.

Obtén visibilidade grazas ao concepto de federación!

Aumenta a audiencia potencial dos teus vídeos conectando a túa plataforma PeerTube a aquelas que queiras.

Comeza a usar PeerTube

Crear a miña conta nunha plataforma PeerTube existente

Únete a unha plataforma PeerTube en función do seu tema, termos de uso e código de conduta.

  • Únete a unha comunidade e comunícate directamente coa xestión doutras plataformas
  • Importa os teus vídeos desde outras plataformas como YouTube ou Vimeo, ou sube un ficheiro
  • Crea varias canles para agrupar os teus vídeos por tema: unha canle de piano, outra de ecoloxía...
  • Integra sen dificultade os vídeos de PeerTube na túa propia web
  • Emite vídeo en directo nas plataformas que o permitan
Elixe unha instancia PeerTube

Crear a miña propia plataforma PeerTube

Se tes un pouco de tempo e coñecementos técnicos, crear a túa propia plataforma (tamén chamada "instancia") no teu servidor é o mellor xeito de tirar probeito de PeerTube.

Crear e administrar a túa propia plataforma de PeerTube permíteche:

  • Define regras propias de moderación
  • Convida a outras persoas a crear a súa canle e publicar os seus vídeos, ou que che axuden a moderar a plataforma
  • Elexir se mostras automáticamente os vídeos subidos noutras instancias de PeerTube, grazas á federación
  • Reducir o consumo de ancho de banda utilizando P2P
  • Personaliza a túa instancia creando o teu propio decorado e aproveitando a variedade de complementos creados pola comunidade.
Ir á documentación

Preguntas? Axudámosche!

Non hai ningún, por agora: PeerTube é unha ferramenta que nós queremos sexa neutral en termos de remuneración.

Porén, o sistema de subida pode mostrar o botón de axuda baixo o vídeo. Este botón mostra un cadro no que as persoas que suben vídeos poden mostrar texto, imaxes e ligazóns libremente (ligazón a Patreon, Tipeee, Paypal, Liberapay...).

Non fomos máis aló, rexeitamos ligar o código a un método concreto de financiamento do contido que podería non ser axeitado para todos os supostos. É a razón pola que animamos ás desenvolvedoras a usar a API de complementos PeerTube para crear o seu propio sistema de financiamento.

Requerimentos mínimos de hardware:

  • 1 vCore
  • 1.5 GB de RAM
  • Almacenaxe abondo para os vídeos
  • 200Mbit/ de velocidade de subida
  • Ancho de banda suficiente para retransmitir vídeos

Requerimentos de hardware recomendados para unha instancia grande que teña 1000 espectadoras ao mesmo tempo (le no blog sobre os test de estrés por visualizacións):

  • 4 vCore
  • 4 GB de RAM
  • Almacenaxe abondo para os vídeos
  • 1Gbit/s de velocidade de subida
  • Ancho de banda suficiente para retransmitir vídeos
  • Le a guía de escalabilidade se cres que vas ter unha audiencia grande

Se tes pensado transcodificar na mesma máquina na que está a instancia de PeerTube:

  • 8 vCore
  • 8 GB de RAM

Para unha guía máis detallada sobre os requerimentos de hardware:

CPU

Except for video transcoding, a PeerTube instance is not CPU bound. Neither Nginx, PeerTube itself, PostgreSQL nor Redis require a lot of computing power. If it were only for those, one could easily get by with just one thread/vCPU.

Vaste beneficiar moito ao usar un segundo proceso, debido á transcodificación. A transcodificación require moita cpu. Serve a dous propósitos nunha instancia PeerTube: asegura que todos os vídeos se poden reproducir de xeito óptimo na interface web e crea diferentes resolucións para o mesmo vídeo.

A transcodificación tamén se pode apoiar noutras máquinas ao usar servidores dedicados.

RAM

1.5 GB de RAM deberían abondar para unha instancia básica de PeerTube, que normalmente consume 500 MB na RAM. A única razón pola que poderías querer máis sería se instalas os servizos Redis ou PostgreSQL nun sistema non-SSD.

Almacenaxe

Hai dous aspectos importantes respecto a almacenaxe: uso do espazo en disco e velocidade de lectura sostible. Para estimar de xeito aproximado os teus requerimentos de espazo de disco, hai que saber a resposta a tres preguntas:

  • Cal é o tamaño total dos vídeos que queres publicar emitir?
  • Queres activar a transcodificación? Se é así, queres proporcionar varias resolucións de vídeo? Inténtao con algúns vídeos e terás unha idea de canto espazo en disco extra precisas por vídeo e estima o factor de multiplicación para o espazo que precisarás no futuro.
  • Cales son os xeitos de compartición que queres activar? Só o vídeo, ou tamén HLS sobre P2P? Se queres os dous entón fará necesario doblar as necesidades de almacenaxe.

Se queres almacenar moitos vídeos na túa instancia PeerTube, podes almacenar vídeos externamente usando Object Storage.

In terms of read speed, you want to make sure that you can saturate your network uplink serving PeerTube videos. Isto non debería ser un problema cos discos SSD, pero cos discos HDD tradicionais debería terse en conta: taxas de lectura típicas para un sistema ben configurado cun disco duro a 7200rpm pode estar sobre os 120MB/s ou 960 Mbit/s. Isto último debería abondar para unha conexión de subida típica de 1 Gbit/s.

Rede

A rough estimate of a traditional server's video streaming network capacity is usually quite straightforward. Simplemente divides o ancho de banda do que dispón o teu servidor polo ancho de banda medio por fluxo, cun límite superior.

Como mostra de exemplo un servidor de 1 Gbit/s de subida enviando fluxos de video 1080p60 a 5 Mbit/s por fluxo. Isto significa que a teórica capacidade absoluta está arredor de 200 espectadoras simultáneas se a i/o do disco do servidor pode sostela. Expect a bit less in practice.

But what if you need to serve more users? That's where PeerTube's federation feature shines. If other PeerTube instances following yours, chances are they have decided to mirror part of your instance! Esta característica chámase "redundancia de servidores" e almacena os teus vídeos máis populares para axudar a enviarllos á túa audiencia. Mentras as persoas espectadoras contribúen cun pequeno ancho de banda mentras ven o vídeo no seus navegadores (sobre todo cando hai moita demanda), os servidores espello dispoñen de moita maior capacidade e axúdanlle á túa instancia a manter múltiples fluxos simultáneos.